Lin hai uns días na prensa un artigo titulado El poder de la palabra en la curación del paciente. O seu autor é Alberto Juffé Stein, Académico numerario e secretario da Real Academia de Galicia.
O texto comeza afirmando que algunhas circunstancias actuais na atención sanitaria (as novas tecnoloxías, as sub-especialidades, a intelixencia artificial etc.) acabaron provocando que se deixe de lado o máis importante na relación médico-paciente: o poder que ten a palabra na curación do enfermo.
O texto ben merece atención demorada e, léndoo, eu cópiolle para o ámbito educativo algunhas das reflexións do autor, por exemplo: "La atención [...] es menos satisfactoria cuanto más tiempo dedicamos a la documentación electrónica". Pero vou deixar o carreiro do ensino e volvo ó da sanidade.
Boto de menos que o autor vaia un pouco máis alá e se decate de que, tamén na atención médica, hai palabras e palabras e non todas teñen os mesmos efectos: "La palabra es pharmacon, veneno o medicamente, según como se emplee", seica dixo Platón.
A diferenza entre usar unhas ou outras deixouna ben clara Elvira Nercellas: A actitude do paciente cambia se o médico lle fala en galego
Faro de Vigo, 11 de abril de 2021 |
La Voz de Galicia, 21 de novembro de 2019 |
Hai palabras e palabras e non todas curan igual. Reflexionemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario