Foto: Tania F. Faílde |
Dan tanto traballo as vacacións que nin tiven tempo de informar dunha publicación recente coa que teño algo que ver.
Está xa á venda o volume Literatura Galegoasturiana, editado polo Servizo de Publicacións da Universiade de Vigo, do que somos coautores Xoán Babarro, Rita Bugallo e eu mesmo.
A obra reúne, en versión actualizada -nalgún caso con textos inéditos-, o contido de tres volumes que se publicaron por separado cos títulos de Évos un ameicer guapo. Aproximación á poesía en lingua galega do occidente de Asturias (2007), A herdade que nós temos. Historia e escolma da prosa en galego do Eo-Navia (2008) e Literatura dramática e teatro en galego do Eo-Navia (2009).
Foto: Tania F. Faílde |
O promotor da iniciativa e coordinador da mesma foi Xosé Henrique Costas, como xa sucedera cos tres títulos antes mencionados. Agradecemos a súa confianza e a colaboración de todas as persoas que nos axudaron agora e hai quince anos, máis ou menos.
Agardamos que este volume, de case 500 páxinas, sexa de interese para a xente da zona e para o público en xeral e que contribúa a darlle vida á lingua galega no occidente de Asturias.
Agardamos que este volume, de case 500 páxinas, sexa de interese para a xente da zona e para o público en xeral e que contribúa a darlle vida á lingua galega no occidente de Asturias.
Foto: Tania F. Faílde |
Ningún comentario:
Publicar un comentario