Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

4.11.14

Eu digo...

 Eu digo
Cristina, Elena, María, Sara e Jaime gravando unha toma do vídeo.
Convocatoria urxente nunha aula. Púxenlles Ghalegho.
- Ten máis de 100.000 visitas en Youtube -díxenlles-, ou sexa, pode haber máis de 100.000 persoas que pensen que en Ribadeo somos gilipollas. Necesítovos.
E propúxenlles a idea. Díxenlles que non acepataba un non por resposta por medo a ter un non por resposta. Axiña me decatei do equivocado que estaba.

Deilles un borrador de guión e repartírono ó momento. Despois mellorárono. Buscaron exteriores. Gravaron. Repetiron o que lles parecía que había que repetir...

Pasáronme as gravacións e axiña mas pillou Tania, a miña filla, para mellorar algúns aspectos técnicos: luz, encadres, horizontalidade dalgunhas tomas, ...

Moi, moi orgulloso de Sara, Cristina, María, Elena e Jaime. Tamén de Tania, que mellorou o que xa era bo.

Con equipos así, calquera traballa. Con equipos así véncense todos os aires que veñen á contra.


-----------------------------------------------------
Unha semana despois...:
- Máis de 23.000 visitas en Youtube cando aínda faltan unhas horas para que se cumpra unha semana desde que colgamos o vídeo.  
- Incontables "compartir" en Facebook e en Twiter. 
- Reseñas e entrevistas na prensa: Praza PúblicaLa Voz de Galicia (outra vez La Voz de Galicia), Galicia confidencial, Noticias Galicia, ...  
- A Radio Galega.  
- Blogs e webs: Ribadeo e o cine (Ribadeo), Moedas para Caronte (Meira), Vitola (IES María Casares), Gavieira (IES Elviña), A voz do Resío (IES O Rocío- Coia), Historia na Lama (IES Lama das Quendas), A beira das palabras (IES de Vilalonga), Son de noso (IES de Curtis), Carta xeométrica, Galifornia do norte (IES Concepción Arenal), Olloparo (Cedeira), Ler no Losada (IES Losada Diéguez), Mensaxes dun paporroibo, Chuza!, Eu que sei, A chave do mundo (Fundación Fogar de Santa Margarida), Basellafala (IES A Basella), A caixa dos contos do Menéndez, Gasta a lingua (IES Otero Pedrayo),Enmuponte (IES Enrique Muruais- A Pontenova), La llave de los campos (blog de Héctor Acebo), Pugamiudiño (do IES Puga Ramón- Vigo), Blog da Silva (CPI Cernadas de Castro - Lousame), De papel e tinta (Divino Maestro - Lugo), IES da Terra Chá, Tvplayvideos
 Graciñas pola acollida! Orgullosos do galego. Orgullosos de vós. 

3 comentarios:

Miguel Abraira dixo...

Parabéns ao profesor, por guiar, e desde logo aos estudantes, por facer unha resposta tan fermosa, intelixente e elegante. Por reaccionar en positivo. E por mirar polo galego como o facedes. Bravo!

paideleo dixo...

Mui bo !.
Agora podería correr a bóla e facelo todos os concellos.

Suso dixo...

Paideleo, a nosa alusión a Vila de Cruces e Moaña non é inocente nin casual. A ver que pasa...