A madrugada
[...]
Ela tumbouse ó meu carón
coas confianzas que dá a madrugada,
e entablou conversa sen vir a conto.
Faloume
de todos os tíos que lle entraran naquela noite
dos tíos que non lle entraran e tampouco lle interesaban
[...]
Faloume
tamén dun tío que sempre parecía estar a punto
de dicirlle algo interesante
e sempre lle acababa falando
daquelas poetas portuguesas
ANTÓN LOPO: Fálame, Sociedade de Cultura Valle Inclán, 2003
... sempre lle acababa falando daquelas poetas portuguesas. Poetas portuguesas... Hoxe é 31 de outubro, así que é o día propio para este videopoema de Matilde Campilho, unha poeta portuguesa que entrou nos últimos meses coma un meteorito nas letras de Portugal e do Brasil co seu primeiro libro: Jóquei.
Unha entrevista onde ela mesma fala da súa obra:
Outra máis, menos formal pero creo que máis clarificadora, máis transparente.
Alén das imaxes, a audición dos seus videopoemas -por exemplo, Día dez- tráeme á cabeza o marabilloso Berlín de María Lado, con Fanny + Alexander, ou a M. Rivas recitando os poemas de Ningún cisne no CD de O pobo da noite.
Dan ganas de dicir:
Alén das imaxes, a audición dos seus videopoemas -por exemplo, Día dez- tráeme á cabeza o marabilloso Berlín de María Lado, con Fanny + Alexander, ou a M. Rivas recitando os poemas de Ningún cisne no CD de O pobo da noite.
Dan ganas de dicir:
- Sigue falando. Non importa o que digas, pero non cales.Pásame ás veces que uns textos tiran por outros coma cereixas saíndo dun cesto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario