Imaxe da colección |
Seguramente Xoán Babarro podería falar diso con detalle, pois foi un dos primeiros docentes do noso idioma e é autor de As nosas letras 1 e 2 (editorial Casals) cando non había case nada. Se cadra é por iso que aínda leva dentro o ánimo de poñer recursos a disposición de todos.
Falar de Babarro é falar tamén do galego de Asturias, eido no que moito leva labrado.
Nos últimos meses, Babarro foime enviando exemplares da colección Os Teixedais, un conxunto de caderniños autoeditados con recursos para o ensino do galego no occidente de Asturias, e non só, a partir de textos de autores da zona.
Agora, co seu consentimento, contribuímos desde aquí á súa difusión, coa esperanza de que sexa útil para calquera con interese no asunto, pero especialmente coa ilusión de que poidan chegar ós nenos eonaviegos, agora que cantan os paporrubios no medio do inverno.
Premendo nas portadas, accédese ós PDF dos distintos exemplares.
No de Cándido Sanjurjo tamén podes escoitar dous textos recitados por el mesmo.
Unha vez que se abre o documento, pódese poñer o tamaño da páxina ó gusto de cada lector, usando as ferramentas da parte inferior dereita.
No de Cándido Sanjurjo tamén podes escoitar dous textos recitados por el mesmo.
Unha vez que se abre o documento, pódese poñer o tamaño da páxina ó gusto de cada lector, usando as ferramentas da parte inferior dereita.
OS TEIXEDAIS -1 |
OS TEIXEDAIS- 2 |
OS TEIXEDAIS -3 |
OS TEIXEDAIS - 4 |
OS TEIXEDAIS - 5 Podes escoitar dous textos premendo nos títulos: "Recordo amargo" "Chucurruchú". E tamén premendo no enlace (cadea branca en redondel azul) que aparece a carón do título de cada texto. |
OS TEIXEDAIS - 6 |
OS TEIXEDAIS- 7 |
OS TEIXEDAIS- 8 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario