Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

12.11.14

Aurora García Rivas: Vía muerta.

Fin de semana de actividade cultural no Eo-Navia.


I
Aurora García Rivas presentou o venres na Pontenova a súa nova novela: Vía muerta. O acto repetiuse o sábado pola mañá en Taramunde, pola tarde en Santiso e o luns en Riotorto. Para decembro queda a presentación en Ribadeo.

Eu estiven en Santiso, onde conduciu o acto o incansable Ángel Prieto. Ademais de caerme mellor o horario, teño predilección polos actos culturais no rural, con pequeno aforo, onde un acaba sentíndose coma nunha xuntanza de amigos.
  
Caladiñamente, a autora de Santiso leva xa dezaseis libros, se incluímos os de pequeno formato. Despois de cultivar con éxito a poesía en galego e a literatura infantil, na súa madurez estase decantando máis pola narrativa longa en castelán. Un ten que aceptar, e ata tratar de entender, as decisións idiomáticas de cada autor, pero non deixa de lamentar que non pase a engrosar o corpus da literatura galega unha obra coma Vía muerta.

Aurora sabe, iso si, que a min non me gusta a deturpación da toponimia (Puentenuevo, Villaodrid, Villameá, ...) por moito que a novela estea en castelán, e máis aínda cando na obra se manteñen palabras do léxico local, acertadamente glosadas ó remate da novela. Pero os seus motivos terá para facelo, e tamén haberá que tratar de entendelos.

Á marxe diso, a obra é de lectura máis que aconsellable. A autora di que é unha homenaxe persoal á súa terra, pero a novela é recomendable non só para os habitantes das ribeiras do Eo, que poden ter o aliciente de ver representado un escenario que moitos aínda gardan na memoria, presidido polo tren de Vilaouriz, senón para calquera lector amante de historias cheas de sensibilidade, ben contadas, cun estilo que na presentación a editora relacionou con Baroja.
Corría la segunda década del siglo. Al mismo tiempo que en Villaodriz, en Ribadeo amanecía una mañana más. En la villa empezaba el diario bullicio desde las Cuatro Calles al muelle y desde éste a Virgen del Camino bajo la protección de santa Cruz. Se decía la primera misa en Santa María del Campo; se abrían las ventanas para ventilar las alcobas; en las confiterías olía a mantequilla y a anís y en los bares a café y a chocolate; a pan recién horneado en las tahonas. Los parroquianos empezaban a salir de sus casas camino de sus quehaceres o de sus devociones. 
En la villa los cafés más emblemáticos acogían a los clientes de costumbre, que hablaban sobre lo divino y lo humano, de la decadencia de las minas, del parón en el cargadero [...]
Celebro esta nova achega de Aurora, editada por Septem ediciones, que se pode adquirir nas librerías e, en formato dixital, en varias plataformas de descarga.

Agradezo, por último, a miña presenza inmerecida no capítulo de agradecementos, pois ben pouco é o que eu acheguei no proceso creativo da novela.  


II
O domingo en Bual inaugurouse unha homenaxe a Benjamín López, co gallo do 50 aniversario do seu falecemento.
Cartel da homenaxe a Benjamín López
Eu tiven coñecemento deste autor e do seu Montañas de la costa verde grazas a Xoán Babarro, que o incluiu na súa tese de doutoramento sobre os lindes do galego de Asturias e na súa antoloxía sobre a poesía do Eo-Navia. Son tantos os nomes das letras eonaviegas que estaban esquecidos ata que Babarro os puxo á vista...

3 comentarios:

Aurora García Rivas dixo...

Hola, Suso; muitísimas gracias por esas palabras e por tar en San Tirso.
Referente ó que falas d'escribir en galego, nun sei se tas enterado de que a miña orimeira novela ta escrita en galego: "As razóis d'Anxélica", foi a primeira novela do Occidente asturiano en fala.
Se che apetece lela, ta publicada por Trabe fai unhos catro anos. Foi una novela muy complicada, por ser a primeira e porque na miña inorancia funme polos cerros de Übeda, o sea, á República Democrática do Congo. Ou sea, eu, todo ó roves, vou lonxe pra logo virme prá miña terra,
Un abrazo. Aurora

Suso F. Acevedo dixo...

http://eltoupoquefuza.blogspot.com.es/2010/03/libros-lugares-momentos.html

Aurora García Rivas dixo...

Pois tés razón co da toponimia. É unha contradicción, e foi un despiste no que non reparéi. Como eu non lle dou importancia a esas cousas porque A Pontenova e Puentenuevo son o mesmo pueblo. Eso é como cando falo, como o fago en según qué lengua según con quén fale, ás veces na mesma conversación, teño un lío do demo. O glosario púxeno por se a le alguén de fora. Agradézoche o detalle, pra outra vez, pensaréino.