Remexendo vellos exemplares de La Comarca del Eo atopo tres artigos que tratan de tempos de ilusión no Eo-Navia. Eu daquela estaba lonxe e nada sei dos feitos. Teño lido e teño oído falar do asunto, de como evolucionou o soño e de como foi esmorecendo, pero nada sei de primeira man. Nada.
Coñézovos só a algúns dos citados nos artigos. Á maioría, non. Pero admírovos a todos. Admiro a iniciativa e imaxino o brillo da ilusión aqueles días nas meniñas dos vosos ollos.
Hoxe, aí fóra non para de chover, a e min, como lle sucedía ó bardo, invádeme a melancolía e mesmo a tristeza ó decatarme de que o 25 aniversario daquel soño pasou desapercibido: nin unha reportaxe na prensa, nin un acto conmemorativo, nin tan sequera unha churrascada con todos xuntos. Aínda que todos estivésedes zugando os ósos en silencio, aínda que fose así...
|
La Comarca del Eo, 29 de xaneiro de 1989 |
|
La Comarca del Eo, 5 de febreiro de 1989 |
|
La Comarca del Eo, 12 de febreiro de 1989 |
|
(Continuación do anterior) La Comarca del Eo, 12 de febreiro de 1989 |
|
(Continuación do anterior) La Comarca del Eo, 12 de febreiro de 1989 |
1 comentario:
Non ta mal qu'alguçen s'acorde d'esas cousas. As ilusióis vanse e pouco se fai.
Eso sí,a literatura do Eo-Navia medróu unha chea, en cantidá e en calidá. Algo E algo, pro respecto a manter a lengua, teño ben poucas esperazas.
Publicar un comentario