I
Se reparásemos con calma na historia da nosa literatura, poida que nos decatásemos de que estamos deixando pasar por alto datas que ben merecían unha conmemoración.
O 11 de marzo, o tan sonado 11M, sería unha delas: nese día de 1881 ditouse a sentencia que absolvía definitivamente a Curros Enríquez das acusacións que contra el verquera o bispo de Ourense. Luciano Puga foi o avogado que logrou salvalo, pero na súa defensa participara tamén Juan Manuel Paz Novoa, que con anterioridade impartira clase na Escola de Comercio de Ribadeo. Certo é que o fixo en primeira instancia, e non con moito éxito, xa que daquela Curros fora condenado a máis de dous anos de cárcere e a 250 pesetas de multa.
II
O 11 M pasou sen que ninguén se acordase de Curros, pero creo que febreiro é xa o mes de Rosalía, por celebrarse o aniversario do seu nacemento.
Os meus pequechiños do agrupamento específico de 2º de ESO non quixeron quedar á marxe desta data e tamén homenaxearon a Rosalía. A nosa boa intención e a ilusión está fóra de dúbidas; o resultado que o valore cadaquén.
PREME NA IMAXE
Ningún comentario:
Publicar un comentario