Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

16.11.11

Vou canso de todo, menos da música


Eu non sei nada de música, pero sei que gozaba véndoo dirixir. Resúltame difícil describir o que me transmitía en cada xesto. Paixón, sobre todo, paixón; supoño. Poderían quitarlle todo o son e aínda así seguirían emocionándome os seus concertos.

Eu non sei nada de música, pero sei que o meu fillo -daquela un neniño, alumno seu- botouse a chorar cando o informei do seu falecemento. Os nenos non choran polos mestres malos.

Eu non sei nada de música, pero envexo sanamente a súa capacidade para conseguir que siga vizosa a colleita da súa sementeira. Quen puidera.

Hernán.

1 comentario:

agremon dixo...

De pronto, lendo a entrada, veume ó maxín a imaxe doutras dúas persoas, unidas por un libro: Castelao ou a paixón de Galiza.