Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

9.6.08

Un libro escrito en galego!!!



Non. Nin toleei nin atopei ninguha obra anterior á de Antonio Fernández y Morales (1861), que leva a auga, nin a Cantares de Rosalía (1863), que leva a fama. Explícome:

Co gallo da publicación dun manual de Educación para a cidadanía, Ignacio R. Díaz entrevista para El Progreso (6-6-08) a Manuel Regueiro Tenreiro, autor do libro.

Despois dunha serie de preguntas previsibles, o sagaz xornalista remata a entrevista de xeito sorpredente:

- Por que o libro está escrito en galego?

Non sei que cara poñería quen durante anos foi Director Xeral de Política Lingüística, pero o certo é que soubo salvar a estupidez da pregunta cunha resposta intelixente.

Intervencións así, que agroman de vez en cando na prensa, son evidencias dos complexos que arrastra algunha xente e supoñen un bo indicador da situación sociolingüística do país, onde queda aínda moito que arar para que sexa posible algo tan normal como vivirmos en galego.

1 comentario:

Anónimo dixo...

¬¬ non me sorprende a pregunta ..., seguro que lla fan a todo escritor que publica en galego ... ¬¬