Armouna boa a Ministra Aído ó usar a palabra miembras, creando así un feminino inexistente. Non tardaron dous segundos en tirárselle ó pescozo ducias de vampiros ávidos de sangue de garrida moza gaditana.
Non son eu militante acérrimo da linguaxe non sexista, que por veces chega a límites ridículos con tantas raias e palotes (o/-a) estrados polos textos, pero moléstame a malicia que rezuma detrás de moitos comentarios dirixidos contra este membro feminino do goberno porque creo que, no fondo, non representan unha defensa da linguaxe correcta senón un desprezo a ela, ó seu Ministerio e ó labor que lle encomendaron.
É certo que meteu a pata e que acabou de rematala cando quixo amañar o asunto, pero tamén é certo que houbo quen se cebou con ela coma se queimase a RAE con todos os seus membros dentro. Creo que non habería tal reacción se a pifia procedese dun membro con membro, pero Aído é muller, é nova e encabeza un Ministerio que se cadra estorba ós devotos de santos asilvestrados coma Berlusconi.
Non existirá a palabra miembra pero ben certo é que podería existir. A Ministra non fixo nin máis nin menos ca botar man de camiños moitas veces transitados na diacronía do léxico.
Acaso non tiveron unha orixe similar as palabras sincero ou autodidacta?
En orixe sincero non tiña feminino. En realidade nin era un adxectivo, senón que era a preposición sine (para nós sen) seguida do substantivo cera. Hai quen di que a palabra se orixinou no mundo da escultura, xa que os artistas usaban cera para corrixir as imperfeccións das estatuas de bronce, frecuentes cando o metal non era puro. As figuras que non tiñan estes amaños eran esculturas “sine cera”, ou sexa, auténticas, sen enganos.
Outros din que a orixe está no teatro, onde o normal era que os actores usasen máscaras de cera. Pero algúns facíano a cara descuberta, tal como eran, “sin cera”.
Fose dun xeito ou doutro, o certo é que inicialmente o adxectivo que xurdiu desta construción non tiña equivalente masculino e que a forma rematada en –o se creou máis tarde, ó indentificar erroneamente o –a final como marca de xénero.
O caso de autodidacta, do grego “autodidaktos” é similar, só que neste caso a forma que naceu posteriormente foi a rematada en –a.
Vendo a numantina defensa que se fixo do castelán puro, eu conformaríame con que, cada vez que algún político lle dá un couce no fígado ó galego, alguén reaccionase coa centésima parte dos estacazos que lle caeron a ela. Ah!, claro... trátase do galego e aí vale todo.
Sinceramente, máis grave ca este erro puntual paréceme, por exemplo, o feito de que nos pasaportes españois haxa faltas de ortografía xa que aparece en dúas ocasións o demostrativo con til cando non ten por que levalo ó non haber ambigüidade ningunha. Trátase dun documento oficial de deseño moi coidado, e a linguaxe ben merece o mesmo esmero cás rotas de Colón ou cós camiños migratorios dos morcegos.
NOTA: Se alguén precisa "autoridade", véxase TILDE 2 no Diccionario Panhispánico de Dudas (punto 3.2.1)

4 comentarios:
O problema é que moita xente trata a cuestión da linguaxe non sexista como se todo consistise en chantarlle un -a a todas as palabras femininas. E non é así, hai documentos da ONU, da UNESCO e organizacións similares que, tras procesos complexos de estudo e reflexión, propoñen distintas estratexias para tratar nos distintos idiomas a cuestión da invisibilidade das mulleres. Que o público en xeral ignore a existencia deste tipo de iniciativas e critique á ministra non me parece demasiado mal; cando o fan xornalistas, escritores, lingüístas e outra xente que debería ter un mínimo coñecemento da lingua, paréceme que aí a ignorancia é deliberada e que se está aplicando unha cantidade considerable de mala fe. Iso si, cando en vez de "gerente" (aplicado a unha muller) dicimos "gerenta" axiña nos escandalizamos, pero cando dicimos "sirvienta" ou "asistenta" non pasa nada e é normal.
E, por certo, se non estou errada, "miembra" si se utiliza en México. Que non é por nada pero son 100 millóns de falantes, o 25% dos hispanofalantes de todo o mundo, que tampouco é unha cantidade insignificante.
Talvez che interese, se non a coñeces xa, a explicación etimolóxica de sincero ofrecida polo dicionario de portugués Houaiss:
lat. sincérus,a,um 'puro, sem mistura; leal, franco, verdadeiro', e este de um el. latino sim- 'um só' (o mesmo que figura em simplex e singùlus) + -cérus 'que cresce', como em procérus,a,um 'alongado, de estatura elevada', lit. 'que cresce para frente', conexo com o v. crescère; sincérus é, portanto, lit. 'que tem um desenvolvimento único, sem nós, sem acidentes'; para a explicação do el. -cérus, cf. FMartL, s.v. cerés; a hipótese de o voc. latino ser formado de sine 'sem' e céra 'sem cera, sem mancha' carece de fundamentação consistente e não passa, segundo Ernout e Meillet, de mais um caso de etimologia popular; ver sincer-; f.hist. 1572 sincero, 1572 sincêro
Saúdos.
Tarabela
Vaia ho! Xa me parecía a min que este pots era arriscado. Co ben que quedaba iso da cera enchendo as fendeduras das estatuas...
Non te esqezas de facerme esa copia que me ofreciches.
Saúdos
Suso
pots = post, evidentemente.
Publicar un comentario