Chámame a atención o protagonismo que a cuestión lingüística está tendo na precampaña electoral. Non hai día que non saia o tema nalgún mitin, nalgunha entrevista ou na pluma dalgún columnista.
E digo que me chama a atención porque todos os políticos saben que, sendo Presidente da Xunta D. Manuel Fraga e Conselleiro de Educación -de quen dependía a política lingüística daquela- D. Celso Currás elaborouse o Plan Xeral de Normalización de Lingua Galega e aprobouse co voto favorable de todos os Deputados.
Pouco despois houbo eleccións e tocoulle ó bipartito comezar a aplicar o Plan. Nada raro, xa que se supón que para iso se aprobou e que todos estaban de acordo. O actual goberno non puxo en práctica nin propuxo para o futuro nin unha soa medida lingüística que non estivese programada polo anterior.
A que vén logo tanto lío? Esqueceron algúns que votaron a favor do que agora critican? Non respectan outros, desde fóra, as decisións do noso Parlamento?
1 comentario:
Ola Suso.
Estes últimos artigos estanme gustando máis que os outros.
Algo novo puxen e se o queres mirar eres libre.
Vemonos.
Publicar un comentario