Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

28.10.07

Parar a tempo


O sábado pasado un tipo saltou un STOP e levoume por diante. A cousa non foi grave porque ningún dos dous iamos lanzados. Á parte do susto, non nos pasou nada a ningún dos tripulantes, pero os coches non se amañan con betadine e unhas tiritas.

Amoloume ben, pero tamén entendo que un despiste teno calquera. Esas cousas pasan, por iso non lle recriminei nada.

O que non entendo é que, nos quince ou vinte minutos que estivemos co papeleo, o tipo intentase contarme a vida: que se nunca tivera un accidente nos vinte e pico anos que levaba conducindo –non sei por que me escolleu a min para rachar coa rutina-, que se unha filla lle acababa de dicir que ía casar, que se ía comprar un pantalón a Florentino,… Joder! Eu alí apuntando números de pólizas e tratando de debuxar coches eschafados encima do meu coche eschafado –manda truco tamén co “parte amistoso”; é máis doado de cubrir o impreso da declaración da renda-, e o tipo dálle que dálle coa súa biografía.

Non faltou moito para que rachase o parte amistoso e lle espetase o bolígrafo nun ollo, pero freei a tempo.

4 comentarios:

Melodie dixo...

Un boli como arma branca, non sei non sei ... CSI comeza a facer estragos. Saúdos, e a desfrutar da ponte

Suso dixo...

Amiga Mélodie. Non hai ponte; o venres toca madrugar.
Saúdos

Melodie dixo...

Non, se por aquí tampouco hai ...
pero ...

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.