Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

21.10.07

A forza que vén de lonxe - II. Os tres emes: Moure, Morris e Murdoc.


A SERIE EMPEZA AQUÍ
Erín Moure, que estes días anda de presentación, naceu no Canadá en 1955. Cando case tiña corenta anos, investigando a procedencia do seu apelido, descubriu as súas orixes galegas e que falabamos como falamos. Agora tamén ela fala galego e traduce textos a un xeito e ó outro.

A Anne Mª Morris, americana de Illinois, pasoulle algo parecido. Sendo adulta descubriu na súa universidade un texto nun idioma raro: o noso. Interesouse por el e fíxoo con tanto xenio que acabou publicando un poemario, Voz fuxitiva, sen estar nunca en Galicia. Conteille esta historia a uns adolescentes de Conéctica, pedín voluntarios para ler un poema dela e quedei abraiado cando case toda a clase ergueu a man. Media hora antes nin tan sequera sabían que existía o galego, e moito menos que unha compatriota súa publicase versos neste idioma.

Andaba eu daquela en terras de Brian Murdock, que escribiu sobre os nosos viños en inglés, pero que fala un bo galego aprendido de tasca en tasca a golpe de Mencías no Deza e na Mariña.

7 comentarios:

busto.agolada dixo...

Ola Suso, sígote a diario. Pero ultimamente teño menos tempo para os comentarios. Non sabía de Erín Moure nin de Murdoc e si de Anne Marie Morris. Garzas por nolos descubrir. Apertas

Suso F. Acevedo dixo...

Ola!Enténdote ben. Todos temos o mesmo problema: o tempo escasea. A min pásacheme o mesmo.
Saúdos

Dimo dixo...

Unha gran tipa, Erín Moure, unha gran poeta.

Suso F. Acevedo dixo...

Manuel,
Esquecinme de dicirche que a Murdoc creo que si o coñeces.
Non estabas ti o día dunha gran empapadura en Quián, camiño do sobreiral? Non había un con acento raro? Pois ese é.

busto.agolada dixo...

Pois non me quedara co nome. Pero coñézoo incluso de dúas maneiras: seco e mollado, e con gafas.
Saúdos.

Anónimo dixo...

Ola, Suso, son o tipo aquel que lle dixo á rapaza aquela (xa lle mandei o correo e quedou encantada) que non se preocupase, que había moito idiota polo mundo.

Resulta que estou nun cursiño deses para facer horas, xa sabes, e mandáronnos facer un blog. Hasme gardar o segredo da autoría? :)

http://namais.blogspot.com/

Vale, é publicidade e posiblemente non dure nin unha semana.

Pero tamén é un experimento sociolóxico.

Entrade, xa veredes, por contraste , o bon que é o blog de suso...

Anónimo dixo...

Non, pois nada, xa pechei, a próxima vez que o intente prometo terte informado... :)

Unha aperta desde O Congo -belga, of course-