Creo que algunha vez lle oín a Quique Costas, autor intelectual da colección Òlga, que do que se trataba era de poñer a disposición da xente información e material sobre a literatura eonaviega e que cada un fixese del o uso que considerase oportuno.
No volume de poesía, Évos un ameicer guapo, da autoría de Xoán Babarro, ofrecéronse textos poéticos de autores eonaviegos que levaban tempo máis ou menos esquecidos. Entre eles, Cándido Sanjurjo, Conrado Villar Loza, Quique de Roxíos e Antolín Santos Mediante.
Agora atopámonos cos citados nas letras dos temas cos que os Folkgazais deleitan o noso oído e reviven a memoria. Non sei se sen a existencia de Òlga os responsables de Haiga repararían nestes nomes. Pode que si, pero tamén pode que non.
O certo é que un comprácese de dar de novo con eles, en versión musicada, neste novo disco do conxunto eonaviego, coidadosamente deseñado.
Longa vida ós proxectos do sempre controvertido Abel Pérez!
Ningún comentario:
Publicar un comentario