Cada vez é máis frecuente ver literatura en soportes distintos do papel. Velaquí un exemplo que pillou Tania pola rúa. O tipo seguro que dixo:
- Van saber estes o que é un e-book!
Non sei quen é o dono nin a que se dedica, pero ben merece de agasallo unha presada de mirabeis coma os que me regalou a min hai uns días unha amable camareira no Rosal:
3 comentarios:
Por que non ha ser un camioneiro poeta? Ou, se non, sinxelamente sensible á poesía?
yo conozco un camionero filósofo...
(largas tus vacaciones)
Non, amiga Zeltia. As vacacións foron demasiado breves, por iso foron tan longas as do blog.
A ver se imos recuperando a normalidade.
Publicar un comentario