Rematei o verán pola Costa Brava. Está en Catalunya. Seino porque vén no mapa, acolá nunha esquiniña, e tamén porque se nota. Nótase porque se oe e se ve catalán continuamente.
Visitei lugarexos ben pequenos e algunhas das vilas e cidades máis importantes. En todas, absolutamente en todas, o catalán é o idioma que se lles oe maioritariamente a nenos, mozos e vellos, o idioma que se le, o idioma dos rótulos, do envoltorio do azucre, das tapas dos sumidoiros, ... o idioma no que se vive. Non é un acto revolucionario nin nada polo estilo. É simplemente un síntoma de NORMALIDADE.
Agora estou de volta. Creo que isto é Galicia, porque se ve no mapa.
3 comentarios:
saíches do silencio, (porque as vacacións foron curtas)
pero neste post, o silencio do final, tamén é o que máis fala...
o idioma no que se vive... esta frase chegoume á alma, non sei se pola morriña de non tela... De seguir así a Galicia lle quedan dúas primaveras... E como pasará a chamarse? Que non o vexan os meus ollos!

Publicar un comentario