En tempos de crise, eu sigo co meu emporio empresarial, que hai que erguer o país e compensar a desfeita que fan os que levan cartos a sacas para paraísos fiscais ó mesmo tempo que se disfrazan de patriotas envolvéndose na bandeira e cuadrándose ante o himno ese que non se pode pitar para que non se enfade Espe. A evasión de capitais e a fraude fiscal non son antipatriotismo, ho!; o que importan son os símbolos.
Ó que iamos: mándame Tania esta foto do meu torneiro, que todos os que quixestes puidestes ver no mercado medieval de Lalín, onde había tamén produtos ancestrais como as gominolas do polbo Paul.
Por suposto, poño a foto na tira da dereita, pero tamén aquí, para publicitala máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario