Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

11.5.12

Verzas do meu horto



TEXTO: outubro de 1936 (La Comarca del Eo)
FOTO:  as verzas da miña aerohorta, 11 de maio de 2012

A literatura sempre é aproveitable, aínda que sexa anos despois:

Ou, simpáticas lectoras
que sois todas as galegas
a vosoutras me dirixo
con estas humildes verzas
                                                      (Ramón Traveso, 1936)

E isto publicouse como novidoso hai só uns anos (descoñezo a autoría), sen saber que xa que un tal Ramón Traveso fora pioneiro:

5 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

non se me ocorrería cousa máis axeitada...

Suso F. Acevedo dixo...

Ja, ja, ... Zeltia, recoñezo que non escribín ese post no meu día máis lírico e, desde logo, non cadra moito co contido que a ti che gusta -polo que intñuo lendo o teu blog-, pero non me negarás que o importante é non pasar fame, e para iso mellor unhas verzas (as da miña maceta son coliflores) ca un ramallo de rosas.

Coñeces o "Manifesto paisano" de Rivas (en "Toxos e flores")? El propón agasallar a xente cun ramallo de toxos. Recoñecerás que é un exemplo de lirismo inútil ante unha boa preada de verzas. E se as verzas son nabos en flor... bocato di cardinale! Son unha chulada.

E o das bolboretas? Non entendo o das bolboretas? É que non son alá moi devoto de Noriega que digamos, e Eva Moreda sempre mo recrimina.

Paz Zeltia dixo...

o que hai no meu blog é o que eu fago... non necesariamente ten que cadrar co "contido que a min me gusta" atopar nos blogs dos outros...

:-)

concordo totalmente contigo no das verzas:
se algún día me agasallas con algo,que non sexa un ramallo de toxos!

Stunning Marcos dixo...

Hola, estoy muy interesado es saber de donde has sacado ese testo de Ramón Traveso, ya que no lo conocía y es mi bisabuelo!

Suso F. Acevedo dixo...

Miguel,
O texto saqueino de "La Comarca del Eo". Indico a data debaixo das fotos, como podes ver.
Non cho podo asegurar, pero creo que non é o único poema que se publicou del nese semanario. Crreo ter visto algún outro, pero tampouco podería dicirche nin a data nin o número.
Na biblioteca municipal de Ribadeo pode consultarse toda a colección.
Saúdos
Suso