Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

12.12.11

A lingua propia de Galicia é o galego

Artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia: A lingua propia de Galicia é o galego. 

9 comentarios:

Angelito dixo...

Iso é parcial e incompleto. Tes que copiar todo o Estatuto, a LNL enteira, a Carta Europea, a Constitución, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos etc., etc.

Anónimo dixo...

E as cartas que lle enviaches aos reis magos de Oriente!

Suso dixo...

Parcial e incompleto é o cerebro dalgúns que pensan que "valen" moito.

Agremon dixo...

Non me quedou ben asentado. Imos ver: o galego é a lingua propia de galicia para quen ten a cor vermella nas súas verbas ou, caso de ser azul, cando está rodeado de vermellos?

Suso dixo...

Uf, Antonio! Estasme enleando. Eu nunca che fun moi bo para iso de combinar colores. Púxenos ó chou. A próxima vez pinto o arco da vella, para que agatuñe por el o Valedor e quede para sempre na cima, apampado ó ver a desfeita que hai por aquí abaixo.

Sati de Laro dixo...

Pois falando de cores... eu ahí véxoo en azul, en vermello, en azul claro... O que non o vexo é en negro, tal e como se comezan a ver as cousas.

Eu por se as moscas... voume poñer a pulir o acento, non vaia ser que agora tamén sexa anticonstitucional (ou o que sexa) ter o acento "propio de Galicia"

Osea... me entiendes?

Melodi dixo...

Perdinme algo interesante, a que si?

Suso dixo...

Algo si, Melodi:http://www.publico.es/411816/la-xunta-contra-un-libro-que-ensena-que-el-gallego-es-propio-de-galicia

Mélodi dixo...

... sen palabras ...