Estaba eu falando de Noriega e da súa querenza polos pequenos elementos da natureza cando, de súpeto, apareceu voando pola aula unha bolboreta, ofrecéndose como ilustración para as miñas palabras baleiras. Máis oportuna, case imposible; só melloraría o exemplo unha bolboretiña bonsai.
E, a pesar dos efectos especiais, aínda han dicir que non preparamos ben as clases!
Algunhas veces pregúntome cara a onde voarán as bolboretiñas, co seu silencio.
3 comentarios:
Home! Alégrame ver que aínda explicas a Noriega Varela e que non o descartaches do programa dun plumazo polos teus prexuízos contra el.
É que só o explico para manipulalo :)
i eu...
Publicar un comentario