Como andan os tempos avesíos e vexo as primeiras neves nos curutos dos montes non quero eu falar de togados tarados que sentencian sapos pola boca en Alcorcón para que nos dure pouco a alegría doutra sentencia do supremo que di, sen dicilo, que viven nas nubes e menten os colectivos que pensan que os pais poden decidir a lingua dos mestres.
Non quero eu falar de quen propón sacar a lingua do debate partidario xusto ó día seguinte de que todos os oradores do seu partido (Rajoy, Feijoo, Louzán) metesen a lingua nos seus discursos en Pontevedra para colleitar ovacións paifocas.
NOTA:
Non quero eu falar de xurados que humillan a ilusión dunhas nenas Tarambainas. Hai mil maneiras de dicirlle a alguén que queda eliminado dun concurso sen afimar que o que fai está ben só para romerías. Seguramente a tarambainas de Loles León berraría "olé, qué arte!" se as nenas levasen vestidos de volantes de lunares e taconeasen o plató coma posesas.
Non quero eu falar de quen propón sacar a lingua do debate partidario xusto ó día seguinte de que todos os oradores do seu partido (Rajoy, Feijoo, Louzán) metesen a lingua nos seus discursos en Pontevedra para colleitar ovacións paifocas.
Non quero falar tampouco do Conselleiro de Cultura que di que non hai que subvencionar a cultura mentres seguen chovendo millóns de subvencións para canto colectivo hai. Seica non ten sentido subvencionar libros en galego porque se le pouco. Ben se ve que que viviu nos EEUU do Bush que falaba de cortar as árbores para evitar os incendios.
Eu prefiro falar dos empresarios do Foro Peinador e doutros que sementan a ilusión dun país normal e demostran que defender a lingua dun país non é incompatible con facer e vender queixo, viño, aceite, gasosa ou barcos para millonarios.
Pero, como andan os tempos avesíos, sobre todo quero eu lembrar os tempos do bo tempo e falar dos amablingües. É que ultimamente andamos algo alporizados co tema do idioma e o que hai é que ser amables, ho!, practicar o amablingua, que así quédalle o corpo a un máis a gusto e non se resente o corazón. Eu mesmo atopei non hai moito a un destes amablingües. Conto:
En Carril, a poucos metros de onde saquei a foto, o dono dun restaurante falaba e falaba sen parar cun colega, intercalando galego e castelán, mentres nós dabamos conta dunhas navallas, dunhas ameixas e dunhas cantas cousas máis con casca e bicho dentro.
Cada vez que viña á mesa traer unha nova ración de bichos, o tipo facía algún comentario, sempre en castelán, e mesmo nos acabou contando con detalle o moito que vendera este verán, para que viramos que no da crise había algo de trola. Eu de vez en cando tamén dicía algo, sempre en galego. Se cadra foi por iso que, cando a cousa ía xa polo medio, preguntou:
- A vós pódovos falar en galego, ¿non?
- Por suposto que si, e preferímolo.
E seguiu falando, todo o tempo en castelán, pero moi amable, eh! Eu creo que se lla chego a pedir, ata me trae alí a árbore xenealóxica das nécoras e o libro de instrucións para comelas.
Bromas á parte, penso que se ó remate da cea alguén lle preguntase ó homiño aquel en que idioma nos estivera falando, probablemente diría que en galego, porque creo que tivo intención de facelo e mesmo nos preguntou, aínda que as palabras lle saísen en castelán. Simplemente, o seu cerebriño, sen pedirlle permiso, decidiu que a relación co cliente debía ser en castelán. O galego queda para os chipiróns. Velaí a diglosia. Velaí a importancia dos membros do Foro Peinador.

Parabéns a Xoán Babarro por un novo premio, desta vez o premio Arume de poesía infantil, que gañou coa obra A princesa de Taramundi. Un novo libro con sabor eonaviego para goce dos nenos de todo o mundo.
3 comentarios:
Que boa entrada! Gústame todo o repaso que fas ás últimas novidades e o da diglosia é algo que a maioría dos galegos levamos tan dentro que ao mellor o pobre home non se deu nin conta de que estaba a falar en castelán.
Bicos
moi bo post, Suso. cólloche e pégoo no meu "feisbuk"
Meu deus, non vira o das Tarambainas... Éche moi difícil e tenche moito mérito, pero non para gañar eses miles de euros, se acaso para festas e romarías...
E xa menos mal que nos deixan as festas para nós! Non podo con tanta xenerosidade.
Grazas polo post, moi instrutivo, Suso. Chuchos
Publicar un comentario