Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

10.11.09

Caxigueiro

Hai poetas que se empeñan en non ser poetas e esconden as palabras tras as pedras, o barro e a chatarra, ... tras a beleza das pedras, do barro moldeado e da chatarra feita arte.

Hai poetas que raptan os versos e escóndenos na paisaxe modelada, pero os versos agroman ó final de cada etapa. Caxigueiro, agora temén na rede.

din dun pobo
que para vivir de aluguer
vendeu o amencer
a néboa e a memoria
non son felices
os homes non lembran
o sabor das bágoas

(Caxigueiro: O rapto da paisaxe)

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Non sei se che falei deste "GPS poético": http://gps.southbankcentre.co.uk/about

Ademais, igual seguen o criterio do Conselleiro de Cultura e me inclúen, que eu "literatura inglesa" non fago, pero si fago "literatura feita en Inglaterra" (ou inténtoo).

Marlene dixo...

Parabéns a ese pequeno feixe de ribadenses premiados!

Melodi Parga Otero dixo...

Felicidades ós tres premiados ... Suso, felicita a Toni Deaño da miña parte porfavorciños ^^

Unknown dixo...

Non sabía que Caxigueiro escribese tan fermosos poemas. Mais hoxe precisamos de todos os poetas que fomos perdendo. Grazas.

Unknown dixo...

Non sabía que Caxigueiro escribese tan fermosos poemas. Mais hoxe precisamos de todos os poetas que fomos perdendo. Grazas.