Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

11.6.09

A consulta ás familias

Non pensaba dedicarlle nin unha liña ó tema da consulta ás familias porque diso xa fala todo o mundo, pero vendo o que está pasando, non dou coutado os dedos, que se están tirando de cabeza ó teclado. Pero serei breve:
- A enquisa é unha parvada que non sei en que mal parto naceu.
- Aínda que é unha parvada, ten moi mala uva e moi malas intencións.
- A bromiña seica vai custar 200.000 €. Iso debe ser máis ou menos un Audi.
- Os intentos que está habendo para que non se facilite información adicional ás familias son vergonzosos e impropios dun sistema democrático.
- Se alguén ve intento de manipulación no tríptico que a coordinadora de equipos de normalización lingüística está distribuíndo debería pensar seriamente na súa saúde mental. Na miña vida vin cousa máis aséptica.
- Xa estou sendo capaz de controlar os dedos. O asunto non merece máis esforzo, nin máis enlaces, nin negriñas, nin tan sequera imaxe.

ENGADIDO
: A mellor proba de que cómpre impulsar o noso idioma é que na versión en galego do impreso da consulta hai faltas de ortografía.

4 comentarios:

Deschant dixo...

Con respecto ao tríptico da CIG, xa saíu Gloria Lago dicindo que é unha manipulación de cara aos pais, que a xente non vai votar con liberdade e non sei que máis. A min paréceme penoso. Vexamos: temos 500 anos de propaganda do castelán fronte ao galego, despois 30 e pico anos de tímida recuperación do galego,nos que a propaganda do castelán tampouco é que deixe de existir, senón que se mantén de xeitos máis ou menos sutís. E agora, cun simple tríptico da CIG... a xente se vai botar en masa, totalmente manipulada e co cerebro lavado, a optar polo galego! Estos da CIG son uns propagandistas que nin Goebbels.

Deschant dixo...

Coméntame Suso por mail que o tríptico en cuestión non é da CIG senón da coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística; quedo corrixida pero manteño o meu comentario, simplemente cambiando "CIG" por "coordinadora de ENLs".

Luli dixo...

Xa, pero que queren é negar e coartar o dereito a información e opinión. Non lles chega con facer unha enquisa sen ( non digo xa co acordo ou connivencia cos sindicatos) a consulta a estas organizacións. Queren ser moi democráticos consultando aos/as pais/nais máis, non consultamos a outras partes que teñen moito que decir, e por riba, ainda parece mal que as equipas de NL, ou colectivos socias amosen a súa oponión.Razón tes Suso, iso a democracia non se asemella moito. Ulo o Estado de Dereito??? Gloria Lago quere volver aos tempos de antes?? aos tempos do réxime???

Suso dixo...

Benvida ó meu mundo virtual. Cos tempos que corren pode ser o noso Kamchatka, o único espazo de liberdade neste país imposible.
Suso