Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

7.11.18

Malas linguas



Non hai linguas malas pero si malas linguas e incluso linguas viperinas que pretenden destruír a diversidade e manter vellos privilexios.

Que estratexias convén seguir para sobrevivir nesta situación, nun tempo no que hai quen pon en cuestión dereitos que xa ninguén cuestionaba? Son útiles os marcos dos que fala Lakov? Convén revisar a linguaxe e o discurso? Cómpre recalcar a lexitimidade das políticas lingüísticas? Que foi do argumentario que usaba hai anos o negacionismo? Como engadir aliados agora alleos ó compromiso lingüístico? Como sería a paisaxe lingüística se conseguísemos que o galego fose lingua por defecto?

Sobre estas e outras cuestións reflexionamos o 23 de outubro, na primeira das xornadas "Malas linguas", promovidas pola Deputación da Coruña no Pazo de Mariñán.

Unha honra abrir a rolda de intevencións e compartir xornada con María Vázquez, Rosa Berrio, Jasone Mendizábal, Nel Vidal, Tina Formoso, Marcos Maceira e Diego Barros (desde a distancia).


Con María Vázquez, Jasone Mendizábal, Rosa Berrio e Goretti Sanmartín

Ningún comentario: