Hai uns anos Borxa Logares era alumno do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Aquel rapaz medrou e hoxe é Lector de Galego no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Varsovia.
Aproveitando esa circunstancia, acordamos realizar un traballo audiovisual relacionando o noso alumnado actual co que estuda galego en Polonia.
Se cadra mesturamos en exceso a perfección técnica coa despreocupación polo asunto, a formalidade coa espontaneidade, pero cremos que o resultado final é interesante e convida á reflexión sobre a importancia do noso idioma.
Agradezo a colaboración do alumnado de Varsovia e tamén a implicación das miñas alumnas Linda Aristizábal, Sara Logares, Julia García, Irene Logares, Marina Ramos e Aicha Rajouani.
Velaquí o resultado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario