Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

16.2.13

Asturias acaba no Nalón

Eh, eh...!, gardade as pedras que tedes para acantazarme que non son eu quen digo tal cousa. Iso de que "Asturias acaba no Nalón" é simplemente o título dun artigo que a escritora e xornalista de Coaña Eva Canel publicou na revista Asturias, da Habana, e que reproduciu o Castropol do 10 de novembro de 1916.

Creo que o artigo é ben interesante para reflexionar sobre a fronteira lingüística entre Galicia e Asturias e para a relación do galego coa lusofonía.

NOTA: Creo que se le mellor se premedes no enlace do Castropol e despois pasades páxina coa frechiña ca se intentades ler as imaxes que eu pego a continuación.



2 comentarios:

Ulmo de Arxila dixo...

Incrível. Cem anos depois, e todo (polo menos todo o que se conta neste artigo) continua exatamente igual.

Quique Roxios dixo...

Ten búa mao este toupo al hora de afuracar. Roncalle el alma que un artigo de cen anos teña tanta vixencia. Pero dicen que nun hai mal que cen anos dure e que despós da seca amenten outra vez as fontes.