Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

5.3.12

Cheísmo

E non pensaría ninguén en pagarlle 20 € a alguén que asesorase sobre o uso de TE e CHE ou en preguntarlle a calquera alumno da ESO que se manexe cun mínimo de dignidade?

Encima temos que desexar que siga sendo o que é, que seica é clave.

E aínda haberá que estar agradecidos por non termos que facer o pino para ler, como pasa alá por Vea, onde o país xa anda patas arriba:

4 comentarios:

Rosa Varela dixo...

É que o mundo ándache ao revés e a tirar pedras sobre o propio tellado. Insensatez...
Gustáronme os artigos sobre os tópicos sobre o Galego. Moi acertados.
Rosa Varela (que fai o que pode polo Galego no Morraso, onde xa queda ben pouco, porque por ter, nin retranca)
Saúdos.

Suso F. Acevedo dixo...

Rosa,
Que alegría dar contigo na toupeira!

E que grata sorpresa descubrir a filispina! Non tiña nin idea de que andabas polas nubes. Xa te enlazo coa toupeira agora mesmo.

Unha aperta
Suso

Rosa Varela dixo...

Que ilusión me fixo ver o enlace! Xa ves que é un pouco bastante heteroxéneo o filispines, pero é que eu che son así, dispersa... pero disfruto lendo e sabendo de todo un pouquiño...
Seguimos entre as nubes e as toupeiras! Deica pronto... Saúdos.

Rosa Varela dixo...

Ben, ilusión, ilusión... fíxome chegar ao teu blog así por azar... e retornar ás xentes tan especiais dun ano tan especial!