A Academia de la Llingua Asturiana presentou recentemente o libro Mirandés: situación sociolingüística de una lengua minorizada en la zona fronteriza portugueso-española, do que é autora a filóloga rumana Aurelia Merlán. No acto de presentación participaron os membros da ALLA Ana Cano e García Arias. Si, si..., o mesmo que berraba "Que respeten la frontera!" no documental de Rubén Pardiñas.
En Uviéu atopei tamén hai un par de semanas o libro Cartografía histórica de Asturias, un fermoso volume que analiza e reproduce mapas do territorio asturiano desde o século XVI para adiante. Neles, no lindeiro occidental, sempre aparece a mesma etiqueta, con dúas variantes: Ría de Rivadeo ou Ría de Ribadeo. Nunca outra.
Pero, sen dúbida, o máis interesante que vin foi o libro Bares-tienda en Asturias, escrito por David Fernández Moro e con fotos de Arnaud Späni. Veñen a ser, con matices, as tabernas das que falaba eu hai pouco. Iso é patrimonio e o resto son contos.

NOTAS:
Esta semana puidemos ver, por fin, as probas dunha aldraxe á toponimia levada a puntos impensables (Desván de los Monjes, Toro). Non sei moi ben se é para rir ou para chorar. Por se fose pouco, hoxe mesmo dannos a segunda cunca, para que quedemos ben mantidiños.
Tamén soubemos que Joan Báez actuou en Vigo, saudou en galego e cantou "Adios ríos, adios fontes". Seica llo debemos a Robert Duift, intérprete de Joan Báez, galegofalante dos EEUU e profesor na Universidade de Vigo. Parabéns.
1 comentario:
Xa no mesmo documental de Pardiñas, Ramón d'Andrés chamaba a atención sobre estas incoherencias dos "académicos" asturianos. A do mirandés vén sendo outra de tantas, mais non hai peor cego có que non quer ver.
Publicar un comentario