Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

14.12.09

Tradutores automáticos


O problema de traducir con maquinillos é que non pensan e son capaces de perpetrar calquera atentado contra a lingua. Se hai pouco tempo era nas probas dunha oposición onde aparecían preguntas disparatadas, onte tocoulle a El Progreso dar conta da toma de posesión de M. Rivas na Academia ocupando a vacante que deixou Camilo Gonsar, ou sexa, Camilo González-Suárez Llanos... ou Chairos.

Isó é o que pasa por termos unha lingua que, para moitos, é simple tradución doutra, como se fose inevitablemente subalterna, cursiva.

6 comentarios:

Dilaida dixo...

É unha vergoña, cobran por publicar en galego e despois nin sequera se molestan en ler o que fixo o tradutor atomático. Se eles non saben e non lle interesa o galego polo menos que lle dean traballo a alguén que si o saiba. Deberiamos deixar de mercar eses xornais que tampouco respeto teñen para a nosa lingua a non ser para zugar do peto de todos.

Dilaida dixo...

No fragmento que pos hai outro erro "ensalzou" ENXALZOU sería, non si?

Suso F. Acevedo dixo...

O de enxalzar xa é para nota. Eu non aspiro que cheguen a tanto

Marlene dixo...

A ver se se dan de conta de que de momento as máquinas non poden traducir ben.

Marlene dixo...

Gustaríame poder ler o discurso de ingreso de Rivas. Alguén sabe onde se pode conseguir? En Internet non o atopei.

Alex Ghalpon dixo...

Cun tradutor automático topou unha vez o concello de Ames, que pasou a ser o municipality of You Love. É verdade, crédeme. A min pasoume unha vez que unha tradutora, menos automática, fíxome dicir na versión en castelán dun folleto que eu escribira que polas terras de Oca había almendros, non sei que pensarían diso os ameneiros dos que eu falaba.