Os escritores eonaviegos seguen engordando o noso corpus literario. Se hai pouco era Belén Rico quen publicaba un libro, o próximo sábado, día 6, preséntanse simultaneamente dúas novas obras.
Na Casa das Letras de Ribadeo, Eva Moreda presenta O país das bestas. O proxecto desta novela fora finalista da primeira edición do premio Biblos-Pazos de Galicia, pero despois por motivos laborais non a puido rematar a tempo.
Agora podemos por fin desfrutar desta obra, a primeira –que eu saiba- do noso sistema literario co tema da rapa das bestas como fondo. Con todo, non se trata, como a propia Eva indica, da novela sobre a rapa, senón dunha historia de rivalidade entre comuneiros e besteiros vista desde os ollos dunha muller de orixe urbana que descobre un mundo rural que percibe fragmentado, ás veces contraditorio e ás veces violento.
Saudamos a reaparición de Eva na nosa literatura –recentemente foi tamén finalista do premio Murguía de narrativa-, onde sabemos que ten moito que aportar e onde lle desexamos, máis ca sorte, xustiza. Sendo así, o seu éxito está asegurado.

O mesmo día, en Santiso de Abres, Aurora García Rivas presenta La flauta del sapo, un poemario en castelán.
Dúas obras distintas para ler agora que vai vindo o sol na beira norte.
2 comentarios:
Xa "O demo e o profundo mar azul" era unha obriña moi xeitosa. Esta dá a impresión de ser máis elaborada, haberá que botarlle o dente.
Suso, non me canso de dicircho: moito me gustou As rulas de Bakunin...
Saúdos,
Marlene
Sinto non poder ir á presentación, estarei en Santiago este sábado. De todas formas fareime co libro canto antes, que me apetece moito...
Apertas
Publicar un comentario