Del toupo non sei nada. Sei que fuza, que fuza por cuando vai chuver. Cuando fai un montón de tierra, que fuza pa riba, dicen: "Mira, vai chuver, que fuza el toupo". [X. Babarro (2003): O galego de Asturias]
Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.
O que non pode ser é que o verán pasado andases buscando estudantes para facer promocións do "siusou" ese e lles pagases 7 libras por hora. Que saibas que eu non me ergo da cama por menos do cuádruple ca iso :)
De paso fala do responsable da túa empresa de cabalos e dille que normalice os sinais, que iso de "V. del Dubra" fai dano nos ollos. Ai, non, perdoa, que agora na Galicia harmónico-amable-cordial non se poden facer esas cousas, que son imposición.
4 comentarios:
Será máis ben un SIUSOU!
Hahaha.
Bicos,
Marlene
O que non pode ser é que o verán pasado andases buscando estudantes para facer promocións do "siusou" ese e lles pagases 7 libras por hora. Que saibas que eu non me ergo da cama por menos do cuádruple ca iso :)
7 libras por hora!!!
Eu dera orde de que non se pagasen máis de 5. Cando hai calidade non fai falta tanto gasto. Vou ter que poñer orde nos empregados das miñas empresas.
De paso fala do responsable da túa empresa de cabalos e dille que normalice os sinais, que iso de "V. del Dubra" fai dano nos ollos. Ai, non, perdoa, que agora na Galicia harmónico-amable-cordial non se poden facer esas cousas, que son imposición.
Publicar un comentario