Non lembro ben o ano. Só que era un daqueles Xacobeos de masas. Tampouco me acordo doutros datos con detalle nin vou buscar vellos recortes de prensa. Abóndame coa mensaxe, dereitiña ó corazón.
Baixa do avión en Lavacolla e descobre, non sei como, que nós somos nós e falamos como falamos.
En vez de pedir caprichos de divo solicita unha profesora de galego. Nunhas horas de clase improvisada aprende o necesario.
Pola noite, miles de persoas agardan. Bruce sae ó escenario e berra:
-Boas noites, Galicia!
Milleiros de persoas quedan coa carne de pita con aquel disparo inicial, dereitiño ós corazóns.
Non foi o saúdo a única mensaxe en galego. Houbo máis doses de dignidade para a nosa lingua. A mesma que outros desprezan. Seica nos veñen tempos difíciles.
En agosto volve Bruce, born in the USA, aquel que gozou e fixo gozar falando galego no Monte do Gozo.

Eu xa teño a miña entrada.
2 comentarios:
Carol Wojtyla tamén o fixo.
Ademáis a entrada foi gratuita.
Pois cando veña Carol Wojtyla dar un concerto tamén o vou escoitar.
Sempre pensei que podía dar un bo rockeiro.
Publicar un comentario