O amigo Xavier soubo por este mesmo ventanuxo que hai uns días decidín facer limpeza e tirar ó lixo unha morea de papeis que me estorbaban. Por iso, para que non me invada a melancolía polos seres perdidos, decidiu agasallarme cunha bolsa de recortes que ten máis ou menos o dobre dos que tirei.
E como son algo masoca e quero ver canta trapallada podo meter no bandullo sen vomitar, estoulles dando un vistazo, no momento exacto no que Pe acaba de recibir o seu Oscar.
Xa traguei unha ración ben cumprida de Steiner pero aínda quedei con fame, e agora ando a voltas cun salteado de Manifiesto por la Lengua Común, que debe ser, imaxino, unha lingua na que todos zugan, pasándoa de boca en boca nunha descomunal orxía.
Adornando un deses artigos, xa algo reseso (El Mundo, 21-07-08) atopo unha ilustración que me resulta coñecida, co seguinte pé de foto:
TURISMO SOSTENIBLE PERO INCOMPRENSIBLE: La playa de las Catedrales, en Ribadeo (Lugo), es uno de los enclaves más visitados del norte de Galicia por sus peculiaridades orográficas, que han contribuído a su catalogación como monumento natural. Pero los carteles de la Xunta que dan cuenta de las particulares características de este lugar están escritos en gallego (en la imagen), lo que dificulta la comprensión a los visitantes no nacidos en esta región.
Primeiro, non me atrevo a aseguralo, pero creo que o mesmo texto está en castelán polo outro lado do cartel, co cal o problema pasa a ser simple mala baba.
Segundo, aínda que non o estea –e non digo que non debese estar noutros idiomas- ¿realmente é tan difícil a súa comprensión?
Vexamos o texto:
Monumento natural
Praia das Catedrais
O monumento natural “Praia das Catedrais” está asentado sobre a formación xeomórfica denominada Rasa Cantábrica, que comeza en San Vicente de la Barquera e remata en Burela. Trátase dunha superficie de aplanamento situada entre o mar Cantábrico e as estribacións montañosas que neste tramo córtase en vertical e na que a erosión e o tempo modelaron formacións dunha gran vistosidade como as furnas e os arcos que dan nome a este monumento natural.
Non se entende ou non se quere entender? Ímoslle dar colores, que seica é un bo xeito de que se fixen máis os intelectos inmaduros. Poñerémoslle vermello a todo o que coincida exactamente co castelán, azul ó que non coincida pero sexa moi parecido e verde ás palabras que sexan bastante distintas:

Resultado: 42 palabras coinciden exactamente e 19 parécense moito; só 5 distintas son bastante diferentes.
Incomprensible? Ai señor, señor...!
3 comentarios:
Tes máis razón que un santo...
Si é que non hai peor cego que o que non quere oir...
Excelente pedagoxía. O malo é que os discentes retórcense e danlle mil voltas argumentais con tal de seguir instalados na Lingua Común.
Saúdos.
Jo (castelan) mui intelixente e deixa as cousas ben claras, verdades como catedrais¡
Publicar un comentario