Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

22.12.07

Tempos avesíos


El toupo fuzou pouco ultimamente a causa do tempo, dos dous tempos.

A xeada e a falta de auga puxeron a terra dura, difícil de furar. Por outra banda, parece que encolleron as horas e non dan para todas as ocupacións que un ten.

Agardamos volver ó rego co cambio de ano e fuzar, cando menos, unha vez á semana.

1 comentario:

busto.agolada dixo...

¡Hai que ver que diferentes son os faros de agora!
A ver logo se no ano novo volves con folgos, tempo e mellor tempo.
Igualmente, deséxoche bosa festas neste Nadal.
Apertas.