Non quero idealizar o que pasou no noso país hai cinco anos, pero tampouco quero esquecer. Por iso recupero este texto que redactei daquela como enunciado para un exercicio de clase. Hoxe é só un texto que queda no aire para refrescar a memoria:
Imaxina que es...
... o mar, o salitre con cheiro a xofre, un percebe que agoniza afogado polo veleno ou o ollar triste do neno que ve negra a area dos seus castelos. Imaxina emporcallada a praia onde sempre te bañaches, a rocha que agachou o teu primeiro bico, o mariñeiro que non pode ir ó mar coa mirada cravada no horizonte ou o mozo que pensa en emigrar. Imaxina que es un paxaro morto de ás brancas rebozado de negro, unha illa verde rodeada de flores negras de caramiña, ou unha serea cega no medio das tebras da auga.
Imaxina, sinte... e escribe (verso ou prosa, longo ou curto, escribe)

Ningún comentario:
Publicar un comentario