Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

29.9.07

O Decreto 124/2007 sobre o galego no ensino. Apreciacións subxectivas- I: tangallegocomoelgallego


Tangallegocomoelgallego: os 20.000 tangas de San Luís.

Seguín desde o comezo a web de tangallegocomoelgallego, os tangas, como os bautizou alguén do fondo sur. Fun unha das primeiras voces críticas no seu foro, se non a primeira, e axiña deixei de frecuentalo porque me aburría ler os mesmos tópicos resesos de sempre, cheos de prexuízos e de mentiras. Por cada interlocutor co que poder discrepar cordialmente, aparecía media ducia de resentidos co odio no corpo.

Pero antes de irme fun testemuña dos primeiros tempos da súa campaña de firmas, que non medraba a pesar de que ían pasando os días. Non medraba ata que un día alguén preguntou se podía asinar xente de fóra:

Hola,quisiera saber si en las hojas o en la página web pueden firmar personas del resto de España.

Velaquí a resposta:
Creo que tienen derecho todos los españoles a dar su apoyo, a través de su firma, a esta iniciativa, puesto que la imposición del idioma local, puede afectar a la libre circulación de trabajadores en nuestro país.

E máis aínda:
Los autores de esta iniciativa han tenido el buen gusto y el rasgo de sentido común de no incluir en el formulario de recogida de firmas indicación territorial o tribal alguna.Por tanto, hay que entender que el formulario está abierto a todas las personas interesadas

Entón si que empezou a medrar o número de asinantes, ata chegar a eses famosos 20.000. Cheiroume a tongo de tanga e eu mesmo asinei dúas veces, unha vez como home e outra como muller, para comprobar que non había nin o máis mínimo rigor na colleita. Ata pensei en asinar como morcego, pero sería darlles demasiada axuda.

Ben seguro que moitos asinantes son ficticios ou repetidos, e ben seguro que moitos son de fóra. Non pasa nada. Eu non lle privo ós non galegos se asinar contra o que queiran, pero deuse a imaxe de que esas esas 20.000 sinaturas eran de galegos, e non era certo, como demostra este comentario do blog:
Sólo espero que no invaliden las firmas del resto de españoles no censados en la comunidad.

Non, ho! Vale todo, mesmo se asina a boneca Chochona.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Tes razón no que dis da toponimia de Cortegada.
Pero o de facerme santo xa é un exceso (xa pareces Wojtila, que fixo máis santos el só que todos os papas precedentes).
Saúdos
Gonzalo

Suso dixo...

Gonzalo,
Como entre dezaos (e trasdezaos)anda a cousa, un permítese certas liberdades.
Saúdos
Suso

Patricia G.D. dixo...

Estiven relendo todas as entradas que me enviache no correo e si, estaba moi equivocada.. xa non se pode fiar un de ningunha asociación, partido político, creenza relixiosa, nen sequera do que che dí o veciño! Pero weno, está ben saber o que anda por aí adiante..
Respecto á presentación do libro o viernes, gracias á prosa do eo-navia conseguín que meu pai lea un libro que lle interese (non leía un libro de texto en galego dende fai moito tempo), e iso é un éxito enorme :) noraboa!