Foto: http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/, collida á súa vez do Fondo Gráfico do Arquivo da emigración Galega. |
Xa me teño referido noutras ocasións á escola de Laro, onde me
meteron por primeira vez un pizarrillo na man.
Téñenme contado que o meu primeiro día non foi precisamente
o máis feliz da miña vida e tamén que, cando xa ía contento coma un paxariño en
abril, mandáronme para a casa un ano máis. Debín ser o expulsado máis precoz da
historia do ensino, pero debe constar que foi por motivos administrativos e non
disciplinarios.
Durante moito tempo aquela escoliña humilde non foi para min
máis ca iso, a primeira escola, pero co paso dos anos medrou a consciencia e acabei
sabendo información que me emociona:
Segundo informan na web do Consello da Cultura Galega, de
onde collo os datos e as imaxes que inclúo aquí, a escola promovérona os
emigrantes de Silleda en Bos Aires e foi a primeira das que crearon no concello.
Captura de pantalla da web do CCG |
Nese interesante sitio pódense ver tamén os planos, coa distribución que eu aínda acordo:
Foto: http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/ collida á súa vez do Fondo Gráfico do Arquivo da emigración Galega. |
Foto: http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/ collida á súa vez do Fondo Gráfico do Arquivo da emigración Galega. |
En 1928 puxéronlle de nome nada máis e nada menos ca Rosalía de Castro.
Captura de pantalla da web do CCG. |
A escola fundouse o 15 de agosto de 1908, pero o
edificio inaugurouse en 1917, segundo se pode comprobar aínda nunha placa da fachada.
Foto: http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/ collida á súa vez do Fondo Gráfico do Arquivo da emigración Galega. |
Cúmprense este ano, polo tanto, cen anos da inauguración do edificio. Xa que o centenario da fundación da escola pasou desapercibido, se cadra non sobraba agora algún tipo de conmemoración...
A escola na actualidade. Foto: http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/ collida á súa vez do Fondo Gráfico do Arquivo da emigración Galega. |
............................................
NOTA: Descúlpesenos a reprodución das imaxes sen permiso previo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario