Din por aí que as primeiras décadas do século XX supuxeron o derrubamento definitivo da fidalguía e o ascenso da nova burguesía comercial.
Algúns escritores da época dan conta destes cambios nas súas obras, normalmente con desagrado. O caso máis coñecido é o de Vicente Risco, que en O porco de pé ridiculiza coa figura de Don Celidonio eses novos ricos, que chegaron a selo a forza de apañar cadelas e pasar fame.
Na prensa do occidente de Asturias tamén atopamos algún exemplo que vai nesta liña. No número 279 de Ecos vegadenses, correspondente á primeira quincena de setembro de1937, AESEEME publica o poema "Con follas de figueira", onde dá conta dos abusos dos comerciantes, que se enriquecen de xeito usureiro.
Eu na miña vida vin
gremio máis aproveitado!
AESEEME é un dos pseudónimos cos que Antolín Santos Mediante asinou os seus textos. Non era un autor precisamente botado á esquerda, así que o contido do seu texto e o feito de que o publique en galego na prensa asturiana xa en plena guerra civil danlle especial mérito.
Agora, eses usureiros seguen existindo, pero teñen outra dimensión e pacen sobre todo no sector enerxético.
![]() |
AESEEME: "Con follas de figueira". Ecos vegadenses, setembro de 1937 |
1 comentario:
Canta razón tes !.
Mudando de tema; que galego máis sonoro se empregaba daquela.
Publicar un comentario