Pouco coñezo a Alberto Calvín. Só mantivemos unha pequena conversa co gallo da presentación de Évos un ameicer guapo en Santiso. Nin moito falamos, que penso que tanto a el coma a min fáltannos recursos para abrir relacións cando non hai confianza. Pero, malia ás poucas palabras, gardo agradable recordo daquela breve parola.
Lembro que el, máis ou menos, dixo "e eu que fixen para que
repararades en min?” Referíase ó feito de que Babarro e eu o incluísemos en
Évos un ameicer guapo e A herdade que nós temos. Humildade.
Que fixeches, Alberto?! Manter vivas as palabras que agonizan e darlle uso fermoso en textos limpos. Paréceche pouco, Alberto?
Que fixeches, Alberto?! Manter vivas as palabras que agonizan e darlle uso fermoso en textos limpos. Paréceche pouco, Alberto?
Lembro tamén que me falou da falta da nai ou do pai –dubido agora-,
do baleiro que deixa. Poida que hoxe o entenda mellor ca daquela.
Non nos volvemos ver, pero recordo a Alberto con moito agarimo
e alegreime cando souben que obtivera unha mención de honra na VI edición do premio Arume de Poesía, convocado pola Fundación Neira Vilas, pola súa obra Flores de
abruñeiros, lamentablemente inédita. Aquel día Alberto Calvín subiu ó podio a
carón de Rafa Villar e Yolanda Castaño. Vaia compaña!
Alegreime de novo estes días cando souben da edición de Tiroliro.
É o seu primeiro libro. En Taramundi, rodeado dos nenos que o recibiron
recitando os seus poemas, Alberto acordouse unha vez máis de Xoán Babarro, o
primeiro que o animou a escribir. Gratitude.
Falou tamén dun novo libro: O canto do carro. O fermoso título
tráeme á memoria un fragmento do inesquecible relatorio de Felipe Lubián nas
Xornadas Fermín Penzol celebradas en Ribadeo hai xa anos, publicado
posteriormente en A Trabe de Ouro. Creo que hai algo que une a Alberto e a Felipe: a amor á súa terra e á súa lingua, máis alá das raias debuxadas nos mapas.
Desexo que o lapis de Alberto Calvín, afiado seguramente
cunha navalla do seu amigo Juan Carlos Quintana, poña aínda moitos máis libros
na biblioteca eonaviega, caladiñamente, como el fai as cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario