Con todo o respecto, pero coa informalidade que con
frecuencia me permito no blog, publiquei hai meses un poema de Ramón Traveso
que atopara nas pesquisas que desde hai tempo veño facendo na prensa eonaviega.
O poema enviárallo o autor desde Pasajes o 4 de outubro de
1936 ó director de La Comarca para a súa publicación. Teño a sensación de ter
visto o nome de Ramón Traveso na prensa da zona nalgunha outra ocasión, pero
non sei cando, nin onde nin a propósito de que. En realidade, nin sequera teño
a certeza, pero desde aquela, cando reviso exemplares, ando atento, por se
acaso aparece algo máis.
Con grata sorpresa para min, recibín algún tempo depois un
comentario de Miguel Saavedra, bisneto do autor, interesándose polo texto, para
el descoñecido ata entón.
Hai uns días recibín de novo un correo seu, facilitándome unha foto de
Ramón Traveso e un poema inédito que conservan no arquivo familiar. Trátase dunha oda a Ribadeo e a súa comarca, que reproduzo a continuación, agradecéndolle a Miguel o envío do
texto e a autorización para facelo público, de xeito que pouco a pouco vaia aumentando o corpus da literatura galega da zona:
1 comentario:
Moitas grazas Suso! É un pedazo de historia da comarca de Rivadeo
Publicar un comentario