I
Hoxe andou por Ribadeo o vello amigo Carlos Ius falando da súa Orella pendella e, como pontevedrés que acabou sendo, chamáronlle a atención os tellados de lousa propios do norte. Para el este post que tiña esbozado desde hai uns días.
II
Se as isoglosas son liñas imaxinarias que delimitan variantes dialectais, supoño que non será ningún disparate chamarlle isolousas ás liñas imaxinarias que delimitan o territorio nos cales os tellados son de lousa.
Hoxe andou por Ribadeo o vello amigo Carlos Ius falando da súa Orella pendella e, como pontevedrés que acabou sendo, chamáronlle a atención os tellados de lousa propios do norte. Para el este post que tiña esbozado desde hai uns días.
II
Se as isoglosas son liñas imaxinarias que delimitan variantes dialectais, supoño que non será ningún disparate chamarlle isolousas ás liñas imaxinarias que delimitan o territorio nos cales os tellados son de lousa.
Pois a iso me dediquei o xoves da semana pasada. Saín de Ribadeo cando aínda non
puxeran xente nas rúas nin coches nas estradas (a foto da fé do que conto). Como tampouco puxeran aínda
ideas serias no meu cerebro e as da radio xa me resultan cansinas, decidín
dedicarme a investigar as isolousas.
Nunca tanto tellado negro vira eu ata que vin para a Mariña
e houbo un tempo no cal me preguntaba se os nenos de por aquí pintarían de negro os
tellados das casas dos seus debuxos, como os ven na realidade, ou de vermello, como acostuman a saír nos contos infantís. Cando preguntei, creo que
me dixeron que os pintaban vermellos coma os dos contos. Xa se sabe que a
realidade case nunca é verdade.
Deume por fixarme ata onde chega o territorio da lousa
negra nos tellados. Xa sei que podía calmar a curiosidade con google earth,
pero preferín comprobalo eu mesmo. Non vaia ser que google earth sexa un
decorado de mentira.
Sen contar casos illados de recente construción, polo que
puiden ver, en dirección a Santiago a lousa chega con regularidade nas
construcións tradicionais ata Teixeiro. Alí xa predominan os tellados
colorados; antes, manda o negro.
E ben cediño entrei eu en Santiago co ímpeto de Almanzor,
con esa valiosa información na cabeciña. Entrei nun bar, pedín un café e
un cruasán, e cando a camareira me
deixou todo encima da mesa pensei en contarlle o meu descubrimento isolóusico,
pero pareceume que non lle interesaba o asunto. Déixoo aquí, por se a alguén
lle importa.
7 comentarios:
Que eu recorde ... sempre pintei lousados en vez de tellados...
Bah! Os celeiraos sempre fostes xente moi particular. Ata lle fixestes poemas a Urtain. (A que non o sabías?)
Non sabía ... pero sabía que lle faciamos poemas a corvos, iso si.
Un día cóntoche o de Urtain. (Ti sabes quen foi Urtain?)
hmmm soame a boxeador ...
pois eu, que viaxei moi pouco, unha das primeiras sensacións de "estar de viaxe" vai asociada a que os tellados das casas cambiaban a lousas.
Dende A Coruña, grazas por esa información ben curiosa
Na provincia de Guadalajara souberon aproveitar o atractivo da arquitectura feita con lousas e inventaron a "ruta de la arquitectura negra". Nós deberiamos facer o mesmo e tirarlle rédito ó noso patrimonio, a ver se así a xente se anima a coidalo e conservalo. Bicos,graciñas por esta entrada tan provocadora de morriña nos que estamos fóra.
Publicar un comentario