Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

1.8.11

Fronteiras e fronteiras (aínda)

A Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) publicou recentemente un estudo no que se trata a situación sociolingüística de Zamora.

Estiven prendente da prensa e non parece que a publicación dese traballo causase grandes traumas en ningunha das dúas comunidades afectadas: non hai síntomas de que aumentasen os suicidios, non variou significativamente o PIB, non houbo éxodo masivo da poboación nin andaron a cantazos os seus habitantes.  

Perfecto. Nada ten de particular que unha Academia se ocupe do seu idioma, independentemente do lugar no que se fale. Todo o contrario; é o seu deber.

O que non é de recibo é que o fagan os mesmos que teñen tirado pedradas de todas as castes e tamaños contra institucións e persoas galegas por preocupárense polo galego de Asturias.

Onde van os tempos de "el punto primero pa poder tratar nada es el respeto a la frontera!"? (Ver Fronteiras -minuto 24:44 a 27:20).

Si, home si! -Ferrín dixit.

Con todo, aproveitando o 27 aniversario da ponte dos santos, sería bo pensar no futuro e tecer entre todos pontes de esperanza para a lingua.

4 comentarios:

Marlene dixo...

Suso:
27 anos?! Acabo de quedar tola... Tola de decatarme do vella que vou!!
En canto á ALLA, só podo dicir... Serán capullos! Non quixera pecar de susceptible, pero a este paso non nos vai quedar máis remedio que pensar que teñen algo en contra de nós... Ou será que por fin aprenderon os señores académicos da Llingua Asturiana que fronteiras lingúísticas e administrativas non adoitan coincidir? Será iso...

Ulmo de Arxila dixo...

"Ou será que por fin aprenderon os señores académicos da Llingua Asturiana que fronteiras lingúísticas e administrativas non adoitan coincidir?"
Eu nom seria tam optimista neste ponto, sobretodo porque os senhores da ALLA levam bem tempo fazendo apologias pan-asturianistas deste tipo (nomeando académicos procedentes doutros territórios de língua astur-leonesa, por exemplo) ao mesmo tempo que nos berram aos galegos o conto da fronteira, do eo-naviego, da língua de transiçom e o mito esse (por nom dizer conto) da "ingerência" perpétua. Chama-se simplesmente incoerência, mais obviamente nom é algo inocente, senom que hai um fundo político inegável e mui visível. Analisou-no bem Farruco Graña (http://galiciaconfidencial.com/nova/7031.html), por certo, umha análise demorada, tranquila e realista que seria impensável em ninguém da ALLA, já ora.

Marlene dixo...

Ulmo de Arxila:

Pensei que a ironía quedaba clara. Por suposto que a ALLA non entrou en razón con respecto ó galego. En todo caso, graciñas pola información amecida no seu comentario. Saúdos.

Ulmo de Arxila dixo...

Percebera a ironia, Marlene, percebera, mais este tema do galego de Astúrias sempre acaba sacando o larapeto impenitente que levo dentro ;-)
Em fim, eu desejo-lhes muita sorte com esse tinglado que tenhem montado co "gallego-asturiano". Sorte que vam necessitar, porque a esquizofrenia em que se estám a mergulhar para concretar a nível institucional e ideológico esse discurso pseudo-filológico da "língua de transiçom" é das que criam precedente nos manuais de psiquiatria.
Em Asturies.com, por exemplo, as notícias relacionadas com o eonaviego redigem-se quase sempre em asturiano, e aparecem na secçom de "Llingua asturiana". Isso sim, depois som os primeiros em defender a "oficialidá del asturiano ya del gallego-asturiano", que o falar nom tem cancelas. Os de Xeira som mais asturianistas que dom Pelayo, mas depois queixam-se porque seica hai professores a impartirem aulas de asturiano em colégios e licéus do Éu-Návia.
E assim a feito.
Andam que nom o vam passar bem. E mentres e nom, o castelhano avança vitorioso. Quiçá se trate disso, no fim de contas.