"...Pero agora medra calmosa unha árbore. Pode que vaia indo para vello, pero confeso que ás veces apampo mirándoa e deixándome levar polas lembranzas.Cando estea forte para prescindir de coidados, no exterior da miña casa de Malibú lucirá un auténtico carballo de Soutelo de Montes, espírito vivo dos meus devanceiros".(Miguel Anxo Fernández: Lume de cobiza)
Vai para vinte anos que eu plantei un pequeno carballo que trouxen do souto de San Martiño, en Laro, desde onde vin ducias de veces os serróns de lume arrasando a ladeira do Candán. Sobrevive eivadiño a uns 20 metros de alto, compartindo cama cun camelio da mesma orixe que o deixou atrás na carreira por ver o mar e a torre por riba do peitoril da terraza.
Tamén ás veces apampo mirándoo, deixándome levar polas lembranzas...
---------------------
NOTA: Que conste que os "motivos emotivos" son outros moi distintos.
---------------------
NOTA: Que conste que os "motivos emotivos" son outros moi distintos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario