Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

22.5.09

A decisión dos pais



Unha das ocorrencias de Núñez Feijoo é consultar os pais sobre os idioma no que prefiren que sexan educados os fillos.

E se pai e nai teñen opinións distintas?

E van decidir os pais dun ano determinado o que vai pasar cos fillos doutros pais en anos posteriores ou vaise consultar cada ano e ir cambiando a norma segundo os resultados?

E por que non se lle consultan outros aspectos relacionados coa educación dos seus fillos sobre os cales seguramente tamén lles apetece opinar?

Por que non escribo sobre a masiva
manifestación do 17 de maio en defensa da lingua? Porque eramos tantos que xa todos sabemos o que houbo. E os que non estiveron tamén deberían darse por enterados e actuar en consecuencia.

4 comentarios:

Deschant dixo...

E aos propios alumnos? Non se lles vai consultar nada? Por que teñen que someterse á tiranía dos pais? Liberdade para todos xa!!!!!

Félix Soria dixo...

O asunto é moi complexo e, dende un punto de vista educativo, é un erro que os país condicionen o futuro cultural e mesmo profesional dos fillos.
Respecto da gravedade da política "acultural" e grande medida anti-galega que defende Núñez Feijoo:
http://im-pulso.blogspot.com/2009/05/nunez-feijoo-hace-migas-con-los.html
Unha aperta.

Luli dixo...

Lembro cando estaba en secundaria e de queixarme aos 16 anos por non podere exercitar od ereito ao voto, xa que consideraba que tiña tanto dereito como calquer persoa.Qué pensaría daquela se os meus pais me obrigasen a estudar na lingua que les quixeran, se non me deran opción!! rebelariame!! Agora estase a debater que as mozas maiores de 16 anos poidan decidir se queren abortar??lóxico, é o seu corpo, e pola outra banda, vai ahaber que preguntarlle aos pais en qué idioma?? Deixando a marxe esta cuestión, e o tema da súa aplicación practica no ámbito educativo ( mairo investimento de cartos públicos...), a raiz deste artigo tamén empezo a visualizar essa dificultades prácticas no entorno familiar do que falas. Hai parellas que faln dous idiomas e educan á crianza nos dous idiomas, terán logo que chegar a acordos entre eles, un ano o neno/a vai aulas en español, outro en galego, ou por etapas ( en primaria un idioma e esn secundaria outro), e ainda vai traer conflicots familiares.... Sinceiramente, coido que cada dia nesta sociedade trinufan as propostas inútiles, ineficaces en defensa de supostos valores democra´ticos. E tamén me pregunto, e logo o profesorado ten liberdade de cátedra, logo poderá dar as aulas no centro na aula que queira, pero se no centro que ten plaza só hai dous profes de mate e os dous dan a aula en españo, cómo van articular iso, un ter´ña que pedir traslado, ou vai a usar a obxecciób de conciencia, xa postos...Por mais que tento darlle voltas non lle atopo lóxica ningunha, a marxe do meu posicionamento individual sobre o idioma.

Carlos 4ºeso dixo...

Paréceme unha burrada o deste tipo,pero eu polo menos non podo facer moito mas...