Os oculistas tamén teñen dereito á vida, así que ultimamente
deume por ler documentos antigos, deses que fan que un quede un pouco máis
pitoño a cada liña que revisa.
Os vellos papeis usámolos moitas veces como referencia para
sabermos de onde vimos porque a xente ten a manía de morrer antes de cumprir 600
anos, e encima non deixa vídeos. Pero hai que andar con tino, non se lle pode
facer moito caso ó que escribían porque probas hai de que debían facer as
cousas con apuro para acabar axiña e ir ver o partido.
Non sei o fiable que será no relativo á extensión das
terras e a outros datos a información do Apeo de Aciveiro (1697) que lin estes días, pero os topónimos
andan por alí como lle cadra. Por poñer só un par de exemplos, no mesmo documento
atopei tres variantes de Vilatuxe, a parroquia natal de meu pai: Villatuxe, billatuxe e Villatuge. Tamén dei con dúas de Freixeiro, o lugar onde me aprenderon as
primeiras letras: Freijeiro e Freyxeyro.
billatuxe |
Villatuge |
Villatuxe |
Freyxeyro |
Freigeiro |
Ás veces vese, pola letra, que houbo varios autores e cada un saíu do apuro como lle cadrou, pero outras veces foi a mesma pluma a que bautizou de maneiras distintas o mesmo topónimo con poucas liñas de diferenza.
Hai que desenterrar e ler toda esta papelaxe, pero sen esquecer que estamos nos Séculos Escuros e andaba por estas terras moito espabilado deixando mostra da súa ignorancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario