
O 20 de maio de 1912 -cúmprense agora 101 anos-, FARRUCO publicaba no número 258 do Castropol este poema. Non teño hoxe tempo nin gana de explicar máis nada sobre o texto, sobre o autor nin sobre o xornal. Tempo haberá para afondar no asunto, que nestas cousas andei enredado ultimamente:
¡QUE FIN!
Al pé del mar, nun penedo
taba un pescador de caña,
e nesto, por frente del
viu que cruzaba unha lancha.
Como un cuadro chen de angustia
aquela lancha así pasa:
naide ri, naide parola,
naide chifra, naide canta.
Os mariñeiros, sin gusto
sobre dos remos desmaian,
e el timonel, desabrido
por chorar casi que rabia.
Asombrado el pescador
daquela rara comparsa,
daquelos homes tan tristes,
daquelas caras sin gracia,
fijouse máis, e ¡ai! que viu
que taba a lancha averiada,
que por costuras e grietas
entraba a baldes el agua,
e de carreira pra el fondo
se iba con xente e con carga.
Nesto sentiu un tirón,
sacou un múxel da cuarta,
e condo con nova xorra
a tender volveu a vara,
calumándose nel mar
baxaban homes e lancha.
Non lles ouguía outra voz;
¿era justicia ou desgracia?
Descubriuse; rezar iba
a Dios por aquelas almas,
condo a corriente empuxou
hasta el pé dela unha tabla.
Era el letreiro, miroulo:
a CACICA lle chamaban;
como si fora un tizón
tiroula al agua con rabia,
suspendeu el padre nuestro,
cubriuse e púxose a caña.
Dicen máis; sei que pra el
sitio
botaba fieras olladas.
FARRUCO
Ningún comentario:
Publicar un comentario