EL IRIJO 19, CARBALLINO 32. Os meus ollos tropezaron durante anos a diario con esa mensaxe escrita nun sinal de estrada, cando ía no autobús para o colexio.
Toponimicidios á parte, a pesar dos poucos quilómetros que me separaban deses lugares, para min era un mundo absolutamente descoñecido, distante, case misterioso. Tardei ben anos en ir por primeira vez ó Irixo. Sabía que había que seguir máis alá de Lebozán, que chamabamos Lobozán ou Lobezán e eu imaxinaba sempre cheo de lobos, e pasar a Cruz da Grade, que me daba medo porque tiña oído contar ducias de veces historias de bandoleiros que saían alí ó paso da xente que ía ou volvía da feira de non sei onde. Durante anos, se eu tivese que indicar un lugar de visita desaconsellada diría sen dubidar A Cruz da Grade, e despois o Bronx. Supoño que unha idea parecida tería Cela ó escoller esas terras para ambientar por alí algo da súa Mazurca para dos muertos.
ILUSTRACIÓN DE MAZURCA PARA DOS MUERTOS
Agora hai ruído e un descobre que existe xente que quere manter o que ten, xente orgullosa do seu… tamén hai xente orgullosa do seu Alcalde porque non perdeu moito o tempo cos libros nin cos estudos.
Tamén hai profesores que loitan por educar nenos fillos de xente así, en todos os lados, e encima teñen oír o que teñen que oír.
1 comentario:
Remato de decatarme: si porque a algún sitio teñen que ir os lixos da terra, e quen escribiu o papeliño sabe que o Irixo é o sitio perfecto, onde non importa non saber.
Publicar un comentario