Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

19.1.09

Flann O’Brien: La boca pobre

Coma no caso anterior, o idioma é tamén elemento importante da novela "La boca pobre”, publicada en 1941 en irlandés, en 1964 en inglés, e que o ano pasado se publicou en castelán (Nórdica libros) verquida por Antonio Rivero Taramillo desde a versión orixinal gaélica.

O autor, Flann O’Brien, ponnos de xeito irónico e divertido ante a Irlanda da primeira metade do século pasado, a Irlanda das patacas, do frío, da fame e da miseria. Unha desas obras nas que un se mata a rir cando o normal sería botarse a chorar.

O idioma irlandés, como dixen, ten presenza importante, aínda que non é o único motivo. En realidade, valéndose da imaxinaria autobiografía de Bonaparte O’Cúnasa, é a deplorable vida dos seus falantes a que se nos conta, presentada como algo que non se cuestiona, coma se fose normal que non existise apenas diferenza entre os irlandeses e os porcos que poboan as páxinas da obra.

Ningún comentario: