Leo en EL País unha alusión ó espectáculo Onde estea un cubata que se quite un soneto, de María Lado e Lucía Aldao. A noticia tráeme á memoria un episodio poético-etílico que recordo case con emoción e que, de coñecéreno, habíalles gustar ás dúas poetas:
Eran polo menos as catro da mañá cando o amigo e músico Luís Areán e eu falabamos nun pub todo o que o ruído nos permitía. Andabamos a voltas coas novas poetas galegas e el contábame a súa devoción polos versos de María Lado, a quen oía recitar de vez en cando nos pubs da zona vella compostelá. Non debe ser frecuente levar os libros de copas nin que dous tipos se poñan a ler poemas ás catro da mañá nun sitio coma aquel, pero Luís sacou do peto a antoloxía D’efecto 2000 e alí, entre ruído e fume, estivemos os dous lendo versos co libro nunha man e o cubata na outra. Bueno.... poida que o meu fose un gin-tónic. Non sei, porque a luz non era moita.
Creo que foi a última vez que falei con Luís. Pouco despois tivo o fatal accidente e marchou sen despedirse. Pero queda na memoria a poesía, a música e unha flor de vez en cando.
Onde estea un cubata ben cabe un soneto.
7 comentarios:
non, non son david... pero encantado de coñecelo, camarada...
é curioso chegar aos bares máis recónditos e atopar cousas de un...
hai algúns textos meus nese dEfecto 2000. e moito de min no obxecto.
apertas
Vaia... falloume a intuición.
Eduardo, quizá?
Pois si que vos dá ós do Batallón pola mirada das vacas!
"... e os ollos das vacas
a miña nai fala da tristura dos ollos das vacas que o dan todo
miña nai ten ollos de vaca e tamén o dá todo"
(David Creus)
Apertas
bestial ese poemario do David. resumiu en moi poucas páxinas todo o que eu levo querendo expresar en anos, sen dar co xeito preciso. apropiado.
apertas.
Benvida á toupeira, Sara Jess.
Acabo de colocarte como enlace. Non espero menos...
Saúdos
pois...
pois eu non fun membro do batallón, non...
e as vacas... é que teñen esa mirada pausada e fonda...
Ai ho! Non dou unha. Desisto.
Saúdos
vaia... mágoa non ter asistido a ese improvisado recital!
unha aperta de océano!
Publicar un comentario